Friday 03 de May de 2024

O grupo de teatro de maiores de Brión porá en escena mañá venres “Doutora Dioni, médica de cabeceira” no centro social polivalente


 

Trangalleiro Teatro, o grupo de teatro afeccionado integrado por maiores de Brión, representará a obra “Doutora Dioni, médica de cabeceira” mañá venres 28 de xuño, ás 21:00 horas, no auditorio do centro social polivalente brionés. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

“Doutora Dioni, médica de cabeceira” é unha comedia dirixida por Nito Cotelo García e que conta coa participación de nove maiores do municipio, que porán en escena unha divertida peza sobre o que acontece nunha consulta médica, se ben non é unha peza recomendada a menores. Sobre o escenario estarán Pilar Acevedo Blanco, Isabel Aboal Seijas, Mercedes Cajuso Fernández, Rosa Barbazán Neo, Mary Carmen Castro, Marina Montero Feriña, Andrés Iglesias, Isolino Cantelar Pais e Lola Otero Brea.